Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo de 4 arpas celtas e a polifonía das súas voces, dan vida a unha formación única, chamado Lulavai.
Coñécense en 2005, ó tempo que formaban parte da orquestra folc Sondeseu, baixo a dirección do excompoñente de Milladoiro e mestre de arpa, Rodrigo Romaní.
As súas inquedanzas por explorar novos mundos sonoros lévaas a emprender en 2008, este proxecto musical: 4 arpas, 4 catro voces, interpretando con coidados e elaborados arranxos, temas tradicionais galegos e de compositores galegos.

Música para os máis pequenos, música para os corazóns máis grandes. Golfiños pretende chegar ao corazón das familias con ritmos e melodías moi diversas que beben de todos os estilos musicais. As cordas dunha guitarra e as teclas dun piano son a alfombra máxica que transporta a voz de Elena Paz a un mundo de aventuras únicas, coas que podes bailar, cantar e brincar no mundo das emocións. A través da súa música Golfiños formou parte de proxectos como Galitoon ou Baobab no eido teatral e tamén teñen presenza en espazos televisivos. O seu primeiro traballo ; “Té, chocolate, café”, co que conseguiron ser finalistas nos premios Martín Códax da Música. Os seus traballos máis recentes son «O soño dos golfiños» ou «Silforiña».

